Curtametraxe “O máis rico (do cemiterio)”

4 01 2009



Ver a maior resolución O máis rico (do cemiterio) de Jorge Fernández





Seleccionados para o X Concurso de Curtametraxes da UPM

12 11 2008

A curtametraxe foi seleccionada para este festival que organiza a Universidade Politécnica de Madrid. “O mais rico” cruza as fronteiras galegas e proxéctase hoy miércoles en Madrid.

folleto-programacion-cortos





O máis rico (do cemiterio) proxéctase este xoves no Certame de Vilagarcía

11 11 2008

A partir das 18.00 horas proxéctanse as seguintes curtas:

  • “Leo”    Fernando Cortizo    Santiago    13´
  • “Cores”    Jairo Iglesias    Santiago     6´
  • “No te metas”    Pierre Mossarie    La Habana    10´19´´
  • “O máis rico (do cemiterio)”    Jorge Fernández Pérez    Vigo    12´´

Máis información en http://www.certamenaudiovisual.org/





O máis rico (do cemiterio) no programa Onda Curta da TVG

11 11 2008




Proxección no progama Onda Curta da Galega

9 11 2008

7632_m1

Hoxe ás 00:47 emítese “O máis rico (do cemiterio)” no programa Onda Curta da Galega.

En El Correo Gallego compartimos noticia con Maribel Verdú.





“O máis rico (do cemiterio) seleccionada para o festival de Vilagarcía

5 11 2008

cartel_certame_08A curtametraxe formará parte da sección oficial do 36 Certamen Audiovisual Liceo Casino Vilagarcia. A cita, os próximos 13 ao 16 de novembro. Esperamos saber pronto a data e horas concretas.





Maceda acolle a proxección de Palíndromo

6 08 2008

O sector máis mozo, pero non menos numeroso, do equipo artístico de Palíndromo verá hoxe a curtametraxe. Os rapaces da escola de Maceda, así como o resto do municipio, asistirán á proxección “nas Toldas” de Maceda ás 22.30 horas.
Máis información





“O máis rico (do cemiterio)” gaña o Premio de Creación Audiovisual da Universidade de Vigo

22 07 2008

O currículum de “O máis rico (do cemiterio)” escribe a súa primeira folla, esperemos que non a última. Gañamos o primeiro posto da modalidade de curta narrativa no VI Premio de Creación Audiovisual da Universidade de Vigo.





Palíndromo no Filminho

20 07 2008

O martes 22 de xullo vaise proxectar no festival de curtas galegas e portuguesas Filminho a curtametraxes Palíndromo. Será ás 22 horas no auditorio municipal de Vila Nova de Cerveira





Un 5 na casilla da declaración

23 06 2008

Os primeiros fragmentos da curta xa están na rede. O de primeiros fragmentos quere dicir non so que sexan as primeiras imaxes, senón tamén porque é a precabeceira e os créditos.

E o máis importante! Pódese votar!! Así que xa podedes poñer un 5 no ranking de estrelitas. Todos os que non marcastes a casilla da Igrexa Católica da declaración da renda podedesvos redimir votando os créditos da curta.

VOTADE!!