La Región: “A titulación de Audiovisuais do campus de Pontevedra forma a grandes cineastas”

15 06 2008





Moitas gracias a todos por vir á estrea

15 06 2008

PD: como podedes comprobar están disponibles chapas da curta





Hoxe, a gran estrea

13 06 2008

Esta tarde ás 20.30 horas será a gran estrea de Palíndromo e O máis rico (do cemiterio):





O máis rico e Palíndromo, no portal Axencia Audiovisual Galega

9 06 2008

Estrea conxunta das curtametraxes ´O máis rico (do cimiterio)´ de Jorge Fernández e ´Palíndromo´de Eva Quintas Froufe

Pontevedra ponse de gala para acoller a estrea das últimas curtametraxes de dous dos seus creadores audiovisuais máis novos: Jorge Fernández e Eva Quintas Froufe.

PD: Dende cando se di “Cimiterio”?? Estiven comprobando na web do diccionario da Xunta, por se me fastidiaran os carteis que estou imprimindo, pero dame a razón a min 😉





Estrea mundial da curtametraxe

4 06 2008

O vindeiro 13 de xuño terá lugar na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación de Pontevedra a esperada estrea. Será ás 20.30 horas, xunto á curtametraxe Palíndromo de Eva Quintas.
A entrada é completamente libre ata completar aforo.





Primeiras fotos da rodaxe

6 09 2007

Podedes consultalas na fiestra de Flickr da parte inferior dereita da páxina. Pronto teremos máis.





O camiño máis curto… cara o cemiterio

28 08 2007

Este mapa pode axudar a chegar ata o cemiterio municipal de San Mauro, en Pontevedra. Collendo a primeira saída da AP9 (si se vai dende Vigo) ou a segunda (si se vai dende Santiago) chegamos ata as estacións de buses e tren, e alí, seguide o rastro azul.

Como chegar?