Que é isto?

QUE É?

“O máis rico (do cemiterio)” aborda un tema característico e moi representativo da idiosincrasia galega: a morte. A historia confronta esta realidade co “crime perfecto”, unhas das ideas que ten sido máis veces retratada na historia do cine.

COMO?

A través do personaxe protagonista, un traballador dunha empresa funeraria que, ao mesmo tempo, é vítima dela. Rafael atopa un oco neste mundo para gañarse a vida empregando un método infalible para roubar sen levantar sospeitas. A estratexia consiste en revisar cada día as notas necrolóxicas que saen nos xornais. A través dos apelidos e nome dos cidadáns que faleceron, pode saber a que hora estarán os seus pisos baleiros. E mediante guías telefónica pode coñecer o seu enderezo e saber o número ao que deben chamar para confirmar de que non hai ninguén.

POR QUE?

A historia desenvolvese ao abeiro da industria xerada pola morte. Os enterros, as coroas de flores e as notas necrolóxicas son algúns dos elementos que amosan o poder que está a adquirir este sector. Ademais de poder económico, no caso da tradición galega tamén son evidentes as súas repercusións. O colectivo funerario foi quen de mudar os hábitos dun país no que aínda permanecen estendidas costumes como a de velar aos falecidos no salón de casa.

PARA QUE?

O propósito desta curta é realizar un retrato da ambición e como esta pode levar ás persoas a situacións extremas. Un home que rouba nas casas dos mortos, outra que mata por ascender no seu traballo e un empresario que considera como números algo tan transcendente como son as defuncións. Sen embargo, o obxectivo non consiste en limitarse a unha simple crítica, se non crear unha historia que entreteña e faga pensar ao espectador.

QUEN?

O equipo técnico está composto maioritariamente por titulados da segunda promoción de Comunicación Audiovisual da Universidade de Vigo. Combinados con profesionais que posúen outras formacións como Imaxe e Son, compoñen unha formación equilibrada con experiencia en anteriores proxectos.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s




%d bloggers like this: